Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis aposta polo comercio local e a gastronomía ao ampliar a 3 días a celebración do Entroido

  • O programa de actividades, do 11 ao 13 de febreiro, inclúe a 'Ruta DesTAPAte de Sabores de Entroido' en bares e restaurantes de Curtis e Teixeiro.
  • Mantén os 1.800 euros en premios no popular Concurso de Disfraces como vales de compra para establecementos do municipio.

Cartel EntroidoO Concello de Curtis amplía este ano a tres días as actividades programadas para a celebración do Entroido 2018 para potenciar a parte gastronómica desta festa de maneira que, á xa popular festa e concurso de disfraces que se organizará o día grande, 13 de febreiro, festivo local, sumarase unha ruta de tapas o domingo, 11, e talleres de cociña infantil, o luns, día 12.

Este ano o que si se manterá será a aposta do Goberno municipal polo comercio local xa que os premios económicos do concurso de disfraces, tanto para os máis pequenos como para os adultos, de 1.800 euros (900 euros en Curtis e 900 en Teixeiro), serán vales de compra para establecementos do municipio.

O programa incorpora a ruta 'DesTAPAte! Sabores do Entroido do Concello de Curtis' na que máis dunha vintena de bares e restaurantes ofrecerán o domingo, 11 de febreiro, tapas, bocados e menús típicos de Entroido.

  • Consultade aquí as rutas e a súa oferta gastronómica: 
    • Ruta Curtis: pdf
    • Ruta Teixeiro:  pdf

O luns, día 12. a gastronomía manterá o protagonismo, pero neste caso para os máis pequenos, coa organización de obradoiros de cociña infantil, que se organizarán no Recinto Feiral de Curtis e en edificio Usos Múltiples de Teixeiro.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.