Numeracion Curtis logos

Decenas de xinetes participarán na V Ruta Cabalar Campestre de Curtis o 17 de maio

  • Os participantes, que xa poden inscribirse, realizarán un percorrido de 20 quilómetros por paraxes naturais de gran beleza.
  • A xornada finalizará co sorteo de agasallos, entre eles un poldro.

V ruta cabalarA V Ruta Cabalar Campestre de Curtis reunirá o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a decenas de xinetes que, un ano máis, realizarán un percorrido de 20 quilómetros por algúns das paraxes naturais máis espectaculares do municipio.

A xornada, organizada por un colectivo amante dos cabalos en colaboración co Concello de Curtis, iniciarase ás dez da mañá nas naves do Campo da Feira de Curtis, onde se xuntarán as monturas e os carros de cabalo para saír cara á primeira parada, no lugar de Xabriño, para regresar ao mediodía ao recinto feiral, onde se celebrará unha comida de confraternidade.

Despois da comida sortearanse distintos agasallos doados por empresas do municipio, entre o que este ano destaca un poldro, e finalizará a festa con música.

Os interesados en participar nesta ruta natural poden formalizar xa a inscrición.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.