Medio Ambiente
O compromiso do Goberno municipal polo medio ambiente traduciuse na posta en marcha de importantes proxectos como a aplicación da Axenda XXI de Nacións Unidas para o desenvolvemento sustentable, plan co que se implementaron, entre outras, as medidas de aforro enerxético nos edificios municipais. Tamén destaca polo seu afán por manter uns ríos sans, coa implicación veciñal a través do Proxecto Mandeo, así como das institucións coa construción de dúas depuradoras.
Esta preocupación polo medio natural está moi vinculado, ademais, a unha aposta por un desenvolvemento económico sustentable, aspecto que se coidou especialmente nos espazos industriais e no seu compromiso por conservar o medio ambiente conciliándoo co respecto aos sistemas tradicionais de explotación, motivo polo que Curtis foi catalogado pola UNESCO en 2013 como Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Dirección:
Casa Consistorial
Praza de España, 1
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)
Telf. 981 789 003