UV BANNER Curtis 2023 web

Axenda XXI

axendaxxiw
A aposta do Concello de Curtis polo progreso sustentable traduciuse na posta en marcha, previa elaboración dun diagnóstico, dun Plan de Acción para a Sustentabilidade con numerosas actuacións en materia ambiental, entre as que destacan as relacionadas co desenvolvemento agrario (agroecoloxía), xestión de residuos, saneamento e ordenamento urbanístico. Este plan enmárcase no programa Axenda XXI, aprobado por 173 gobernos na Conferencia de Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Janeiro en 1992.

Grazas a estas accións e as que se realizaron despois asociadas aos mesmos obxectivos, o municipio conseguiu, entre outras melloras:

- Implantar sistemas de xestión ambiental.
- Protexer os recursos naturais.
- Unha maior eficiencia enerxética da rede pública de iluminación.
- Vertido cero ás concas hidrográficas.
- Unha mellora dos hábitats asociados ao río Mandeo, Deo e Mendo, preservando as zonas de interese pola súa biodiversidade.
- Un mellor aproveitamento enerxético das industrias.
- Incrementar a sensibilización da poboación no respecto polo medio natural.

Por estas accións, o Concello foi condecorado co Accésit Galicia Medio Ambiente no ano 2004.

Documentos da Axenda XXI
pdf- Diagnóstico
pdf- Síntesis
pdf- Plan de Acción
pdf- Plan de seguimiento
pdf- Plan de participación

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.