Plan de Residuos
O Concello comparte o servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbanos cos municipios de Sobrado e Vilasantar.
Desde o Goberno municipal faise un chamamento á responsabilidade dos veciños para que utilicen os colectores de forma correcta, cos usos aos que están destinados, para facilitar a reciclaxe dos residuos. Unha boa separación do lixo non só permite que entre todos coidemos e protexamos a nosa contorna natural, senón tamén un aforro nos custos do servizo e, polo tanto, para as familias.
Lémbrase, ademais, que se poden impor sancións por depositar os residuos en lugares non autorizados.
O servizo municipal inclúe:
Colector verde: orgánicos e residuos non reciclables
O chamado colector xenérico, verde ou fracción resto é onde deben ir parar os residuos orgánicos e os non reciclables:
SI
- Restos orgánicos
- Cueiros, compresas
- Papel e cartón con manchas de graxa
- Panos de mesa e servilleta de papel
- Lámpadas
- Espellos
- Louza rota
- Cintas de vídeo e de son
- Disquetes e CDs
- Bolígrafos
- Xoguetes de plástico
- Roupa deteriorada (lembra que nalgúns casos podes reutilizala como trapo de cociña ou outros usos)
NON
- Envases de plástico, latas e bricks
- Envases de vidro
- Papel e cartón limpos
- Pilas
Colector amarelo. Envases plásticos, latas e briks
Destinado a acoller envases de plástico, latas e briks. Son colectores cunha capacidade entre 800 e 1.000 litros de tapa pechada de cor amarelo.SI
- Botellas de plástico destinadas a albergar líquidos (aceites vexetais, refrescos, augas minerais, leite)
- Botes de plástico groso que conteñan produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, lavalouzas, suavizante, etc)
- Latas de bebidas e de conservas
- Briks de leite, viño ou zumes de froitas
- Bandexas de porexpán ou cortiza branca
- Redes de envoltorios de froitas ou verduras
- Plásticos filme: bolsas finas, plástico para envolver
- Bolsas de plástico dos comercios
- Envases de manteiga e iogures
- Envases mixtos distintos aos briks tales como bolsas de aperitivos, envases de bolería industrial, etc.
NON
- Non se deben depositar neste colector residuos de plásticos que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos...). Tampouco CDs.
Máis información sobre este servizo e de como sumarse á campaña de recollida: Celta Prix. Teléfono 981 619 120 (Rebeca)
Colector azul. Papel e cartón
SI
- Xornais e revistas
- Cadernos (sen argolas, grampas nin arames)
- Papel de envolver, de embalar
- Caixas de cartón
- Cartóns de ovos
- Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón)
- Libros
NON
- Papeis de calco
- Cartóns de leite, de zume e viño
- Papel e cartón con restos de graxa
Máis información sobre este servizo e de como sumarse á campaña de recollida: Celta Prix. Teléfono 981 619 120 (Rebeca)
Iglú verde
SI
- Botellas de vidro
- Frascos de vidro
- Tarros e botes de vidro
- E OLLO: sempre sen tapas, tapóns ou cortizas
NON
- Lámpadas
- Vasos e copas de cristal
- Tapas, tapóns e cortizas
- Vidros especiais: parabrisas, pantallas de televisión, espellos, etc
- Tarros e botellas de medicamentos
Punto Limpo
Que é o Punto Limpo?É unha instalación preparada para recoller aqueles residuos domésticos que non se poden depositar nos colectores habituais.
Que debemos presentar ao depositar os residuos?
O Documento Nacional de Identidade (DNI) e o recibo do lixo.
Que residuos podemos levar?
Residuos comúns:
- Residuos de bolsa amarela
- Papel e cartón
- Vidro (botellas e tarros)
- Vidro (xanelas, parabrisas e similares)
- Envases de plástico, briks e latas
- Ferralla
- Metais e restos metálicos
- Madeiras
Residuos voluminosos
- Aparellos eléctricos, electrónicos e informáticos
- Téxtiles
- Cascallos de obras domésticas
- Plásticos de silos, de invernadoiros e de envases industriais
Residuos especiais
- Disolventes, pinturas e vernices de procedencia doméstica
- Tubos fluorescentes e lámpadas
- Baterías eléctricas
- Pilas eléctricas
- Radiografías
- Aceites vexetais domésticos
- Aceites minerais
- Electrodomésticos con cfc’s
- Pneumáticos (vehículos utilitarios / turismos)
- Aerosois
Dirección
Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro
Rúa D, parcela de Servizos
Telf. 663308427
Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Horario:
De luns a sábado, de 10.00 h. a 14.00 h.
Plásticos Agrícolas
O Concello pon a disposición de todas as explotacións gandeiras e agrícolas do municipio un servizo trimestral de recollida porta a porta dos plásticos agrícolas, altamente contaminantes.Para inscribirse, no Concello de Curtis: telf. 981 789 003 ou a través da aplicación móbil municipal ‘Curtis Teixeiro APP’
Roupa
Para desprenderse da roupa usada aínda en bo estado, existen colectores apropiados nalgunhas vías públicas do municipio. Se se quere doar, se pode facer a través dos Servizos Sociais municipais ou de organizacións solidarias sen ánimo de lucro.Pilas
Debido ao seu alto potencial contaminante (unha soa pila pode contaminar milleiros de litros de auga) é preciso darlle preferencia na nosa vida diaria ás pilas recargables ou as denominadas como ‘verdes’, que non conteñen metais como o mercurio ou o cadmio.Pódense levar ao Punto Limpo ou deixar nos minicolectores de pilas que existen xa en moitos comercios e no Concello.
Recollida de animais
- Abandonados
Avisar ao Concello (telf. 981 789 003) ou ao GES (112)
- Mortos
Avisar ao Concello (telf. 981 789 003), ao GES (112) ou solicitar a súa recollida a través da aplicación móbil municipal ‘Curtis Teixeiro APP’