Natureza activa
Curtis é un municipio privilexiado en patrimonio natural, riqueza que se pode percorrer en rutas tanto a pé como en bicicleta co fin de deixarse atrapar pola paisaxe galega máis auténtica, a dos bosques, ríos, prados e aldeas... Rutas que levarán aos visitantes até monumentos históricos e naturais, que descubrirán a arquitectura popular da zona e as pequenas marabillas doutra maneira inaccesibles.
Tamén os amantes da pesca atoparán no municipio ríos ricos en troita e salmón, con canles limpas e saneadas, nos que se coida especialmente a súa rexeneración e repoboación.