Patrimonio histórico-artístico Santa María de Foxado
Castros
-
Castro do Castelo: Presenta forma circular con restos dun foxo e un pequeno antecastro. Moi alterado na súa estrutura. No ano 1932 atopáronse catro torques e un brazalete, todos de ouro, ademais de trinta e cinco moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata. As pezas están expostas no Museo de Pontevedra.
Arquitectura relixiosa. Igrexas
- Igrexa de Santa María de Foxado. A primeira construción é do s. X, e tres séculos despois reconstruíronse a espadana e a sillería. Destacan os retablos barrocos do interior.
- Ermidas de San Cristobo e de Espiñeira. Data do século XI. Sobresae polo campanario de sillares artesonados en espadana e por un sarcófago antropomorfo do s. XV. Contén, ademais, un retablo e imaxes do barroco galego.
- Capela de Santiago de Paradela. A primeira edificación é do século X, e a súa principal reconstrución foi no s. XVIII polo que o seu aspecto actual exterior presenta un estilo barroco. Resalta a súa espadana.
- Ermida de San Xurx, Recareo, do s. XIV. Destaca o seu retablo e a imaxe do santo restauradas.
Arquitectura relixiosa. Cruceiros
- Cruceiro do Campo da Festa (1976). Nel pódense ver as figuras de Cristo crucificado e a Virxe á fronte.
- Cruceiro de crucifixo en Paradela. No seu anverso pódese ver a figura de Cristo crucificado e no reverso, a Virxe orando. Do seu fuste cabe destacar un calvario.
- Cruceiro de cruz en Recareo, á beira da capela de San Xurxo.
- Cruceiro de cruz en Vilar.
Arquitectura civil
- Casas de estilo modernista. Resaltan polo seu colorido e ornamentación.
- Casa de postas, onde antigamente paraba o correo postal a durmir e a dar de comer e beber aos cabalos. O edificio posúe un escudo en bo estado de conservación.
- Casa blasonada en San Cibrá en perfecto estado de conservación.
- Ponche Vella da Castelá, vinculada ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes.