UV BANNER Curtis 2023 web

Política de privacidade do Concello de Curtis

O portal www.curtis.es e www.concellodecurtis.org son dominios propiedade do Concello de Curtis, con domicilio en Praza de España, 1, 15310, Teixeiro (Curtis), que se reserva a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal, en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso.

O uso non autorizado da información e dos demais elementos contidos neste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos da propiedade intelectual e industrial do Concello de Curtis, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan a esta Administración e, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.

O Concello de Curtis, a través desta web:

- Busca proporcionar unha información actualizada e de calidade sobre os servizos do municipio.

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe á publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente nun boletín oficial.

- Permite e fomenta a reutilización da información difundida, cos límites que impón a lexislación vixente e coas condicións seguintes:

  • Mencionar a fonte da información.
  • Non alterar o contido da información.
  • Non desnaturalizar o sentido da información.
  • Indicar a data da última actualización da información.

Calquera acto de reutilización da información deberá salvagardar o réxime de propiedade intelectual e industrial e o réxime de protección dos datos persoais.

Tanto o acceso ao portal, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario. Ademais, o Concello de Curtis non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos das ligazóns a terceiros que poida conter o portal, ligazóns que se utilizaron tendo en conta a súa utilidade ou interese para o usuario. Recoñece que os dereitos da propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas lles pertencen aos seus respectivos autores e propietarios, e á petición de calquera deles, o/a ligazón/s retiraranse de modo inmediato.

- Avoga por un uso responsable das súas ferramentas.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ás contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

- Garante a seguridade e a protección dos datos persoais.

O tratamento dos datos de carácter persoal neste sitio web está suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.

O Concello de Curtis adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requiridos e comprométese a solicitar de maneira obrigatoria só os datos imprescindibles para a prestación do servizo, que serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros debidamente legalizados ante a Axencia Española de Protección de Datos.

O usuario é responsable de que os datos persoais facilitados sexan veraces e de comunicar ao Concello de Curtis calquera modificación nos mesmos.

Os usuarios poderán exercitar os dereitos de acceso aos seus datos, cancelación, rectificación e oposición nos termos establecidos na lexislación aplicable, a través dun escrito dirixido a Praza de España, 1, 15310, Teixeiro (Curtis).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.