Que ver
Patrimonio histórico artístico
O Concello coida con especial mimo o seu patrimonio artístico polo que supón de riqueza colectiva e por ser fiel representación da diversidade de culturas que conviviron no municipio, pero tamén por ser un importante activo turístico.
Castros
-
Castro de Frádegas. Amurallado en todo o seu perímetro, conta cun oco polo suroeste.
Dirección: Santa Eulalia de Curtis -
Castro do Castelo. Presenta forma circular con restos dun oco e un pequeno antecastro. Moi alterado na súa estrutura. No ano 1932 encontráronse catro torques e un brazalete, todos de ouro, ademais de trinta e cinco moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata. As pezas están expostas no Museo de Pontevedra.
Dirección: Paradela (Foxado)
-
Castro de Fisteus. De forma elíptica, está rodeado por unha muralla en todo o seu perímetro. Conta cun antecastro.
Dirección: Fisteus
-
Castro de Santaia. Circular, presenta restos dun antecastro e un oco.
Dirección: Santa Eulalia de Curtis -
Castro de Vilardois. Érguese nun esporón sobre o río Mandeo que actuaba como defensa natural. Polo leste conta con muralla e oco.
Dirección: Santa Eulalia de Curtis -
Castro de Vilarullo. Castro cun recinto circular e oco.
Dirección: Santa Eulalia de Curtis
Arquitectura relixiosa. Igrexias e ermidas
-
Igrexa de Nosa Sra. dos Remedios (s.X). Construída para cristianizar un lugar de ritos celtas. Na súa contorna atopábase a fonte da nosa Señora á que se lle atribúen augas milagrosas. Destaca o retablo do altar maior, obra do mestre compostelán Enrique Carballido, e a súa espadana, do século XVIII. Á beira do templo áchase o 'Carballo da Nosa Señora', un xigantesco carballo centenario onde, segundo a tradición, apareceuse a Virxe dos Remedios.
Dirección: parroquia de Santa Eulalia de Curtis
-
Igrexa de Santaia. Xa hai constancia da súa existencia antes do século IX pero foi reconstruída no s. X por San Pedro de Mezonzo sendo Bispo de Iria tras o asalto dos normandos na súa segunda incursión en Galicia. Foi remodelada no s. XVI. A imaxe de Santa Eulalia é do tallista Juan Brocos.
Dirección: parroquia de Santa Eulalia de Curtis
-
Igrexa de Nosa Sra. de Lourdes. Primeiro construíuse como capela para atender o aumento de poboación e a cantidade de persoas que atraía a feira de Curtis, e pronto se converteu en Igrexa Parroquial, sendo a novena Igrexa do Arcipestrazgo de Sobrado baixo o patrocinio de Santa María.
Dirección: parroquia da nosa Señora de Lourdes
-
Igrexa de Sta. María de Fisteus. A primeira referencia da súa construción data do século X. Con todo, o seu estado actual é do s.XII-XIII e destaca polo seu fermoso retablo.
Dirección: parroquia de Fisteus
-
Igrexa da Illana. Reconstruída recentemente a partir dunha antiga capela do s.XI.
Dirección: parroquia de Fisteus
-
Igrexa de San Roque de Xabriño. Nos Tumbos de Sobrado dátase no século X, e foi reconstruída no s. XVIII en sillería de mampostería. A súa contorna constitúe un conxunto etnográfico importante formado por fonte, cruceiro e 'carballeira'. Destaca pola súa fonte de tres caños.
Dirección: parroquia de Fisteus
-
Igrexa de Santa María de Foxado. A primeira construción é do s. X, e tres séculos despois reconstruíronse a espadana e a sillería. Destacan os retablos barrocos do interior.
Dirección: parroquia de Foxado
-
Ermidas de San Cristobo e de Espiñeira. Data do século XI. Sobresae polo campanario de sillares artesonados en espadana e por un sarcófago antropomorfo do s. XV. Contén, ademais, un retablo e imaxes do barroco galego.
Dirección: parroquia de Foxado
-
Capela de Santiago de Paradela. A primeira edificación é do século X, e a súa principal reconstrución foi no s. XVIII polo que o seu aspecto actual exterior presenta un estilo barroco. Resalta a súa espadana.
Dirección: parroquia de Foxado
-
Ermida de San Xurxo, Recareo, do s. XIV. Destaca o seu retablo e a imaxe do santo restauradas.
Dirección: parroquia de Foxado
Arquitectura relixiosa. Cruceiros
- Cruceiro de crucifixo. Construído en 1858, grazas a Don Pedro Sánchez. Tallado polo mestre Ferrín, ten plataforma e pedestal cuadrangular. Mostra a imaxe da Virxe rodeada por unha serpe e un Cristo crucificado polo anverso, labradas por Clemente Dopico, de Ponteceso.
Dirección: parroquia de Santa Eulalia de Curtis
- Cruceiro de cruz na Igrexa de Nosa Sra. dos Remedios. A súa plataforma e pedestal son cuadrangulares. Na parte dianteira destaca unha ara antiga procedente da Igrexa dos Remedios.
Dirección: parroquia de Santa Eulalia de Curtis
- Cruceiro de crucifixo en Curtis. A súa figura é de mármore e non presenta plataforma senón que se apoia sobre un altar.
Dirección: parroquia da nosa Señora de Lourdes
- Cruceiro de cruz no Iglesario. Destaca a súa cruz con remates florenzados.
Dirección: parroquia de Fisteus
- Cruceiro da Illana. Ten un pedestal cuadrangular rematado en dous chafranes.
Dirección: parroquia de Fisteus
- Cruceiro de cruz en Xabriño. Situado na capela de San Roque, sobresae pola súa plataforma cuadrangular.
Dirección: parroquia de Fisteus
- Cruceiro do Campo da Festa (1976). Nel pódense ver as figuras de Cristo crucificado e a Virxe á fronte.
Dirección: parroquia de Foxado
- Cruceiro de crucifixo en Paradela. No seu anverso pódese ver a figura de Cristo crucificado e no reverso, a Virxe orando. Do seu fuste cabe destacar un calvario.
Dirección: parroquia de Foxado
- Cruceiro de cruz en Recareo, á beira da capela de San Xurxo.
Dirección: parroquia de Foxado
- Cruceiro de cruz en Vilar
Dirección: parroquia de Foxado
Arquitectura civil
-
Pazo de Santaia. Do s. XVII. Destaca pola cheminea da antiga porta de acceso. Entre os seus moradores, destaca a figura de Don Pedro Sánchez (1747-1806) que naceu nesta casa en 1747 e que foi Racionero da Igrexa de Santiago, fundador da Sociedade Económica de Compostela e da Biblioteca Pública da Coruña.
Dirección: parroquia de Santa Eulalia de Curtis -
Pazo de Abeledo. Conta cunha fermosa capela recentemente restaurada.
Dirección: parroquia de Foxado -
Casa de Barreiro. Antiga edificación de labranza do século XIX, hoxe convertida en casa de turismo rural.
Dirección: parroquia de Santa Eulalia de Curtis -
Casa blasonada de Balter (Fisteus), con escudo en bo estado de conservación.
Dirección: parroquia de Fisteus -
Antigo cárcere construído en 1791 e que hoxe en día é unha vivenda familiar.
Dirección: parroquia de Fisteus -
Casas de estilo modernista. Resaltan polo seu colorido e ornamentación.
Dirección: parroquia de Foxado -
Casa de postas, onde antigamente paraba o correo postal a durmir e a dar de comer e beber aos cabalos. O edificio posúe un escudo en bo estado de conservación.
Dirección: de Foxado -
Casa blasonada en San Cibrá en perfecto estado de conservación.
Dirección: parroquia de Foxado -
Ponte Vella da Castelá, vinculada ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Dirección: parroquia de Foxado
Patrimonio por parroquias