Centro de Día
O Centro de Día é un centro de maiores de apoio ás familias.
Durante o día presta atención terapéutica integral ás persoas de idade con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia na contorna habitual.
Os seus usuarios deben ter 65 anos cumpridos ou, excepcionalmente, máis de 60 anos sempre que a súa situación especial de dependencia física, psíquica ou social, ou en risco de padecela, precisen deste recurso.
O centro, ademais de aos usuarios do municipio de Curtis, dá servizo a Aranga, Coirós, Oza-Cesuras, Frades, Mesía, Boimorto, Vilasantar e Sobrado.
Prazas ofertadas: 40.
Dirección:
Calle Pena Cuca s/n
15310 Curtis (A Coruña)
Telf. 981 786 572
Solicitudes de ingreso