Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG)
A tarxeta permite obter descontos nas tarifas dos servizos do transporte público integrados no Transporte Metropolitano da Coruña.
Como se establece o prezo do billete?
O custo do billete desde as paradas de Curtis-Teixeiro a cada unha das localidades integradas no Plan Metropolitano da área coruñesa establécese en función do número de saltos fixados entre os municipios, saltos que tamén definirán o tempo establecido para realizar os transbordos sen penalización no lugar de destino.