Concentración parcelaria
O proceso de concentración parcelaria está a executarse actualmente na parroquia de Fisteus, a de maior extensión na que se desenvolve este ordenamento rural en Galicia.
Os traballos efectúanse ao longo e ancho desta localidade de 45 quilómetros cadrados, 62 aldeas e 600 veciños, cunha extensión de 4.075 hectáreas fragmentadas en 20.000 parcelas. Coa agrupación de terras, o obxectivo é que estas queden reducidas a 4.550 parcelas, a menos dunha cuarta parte da actual división.
Datos básicos da zona
- Nome da zona: Fisteus
- Tipo: Pública
- Última fase aprobada: Bases provisionais
- Superficie: 3945 Hectáreas
- Nº de Decreto: 149/2005
- Data da aprobación do Decreto: 26/05/2005 (DOG 08/06/2005)
- Consulta de polígonos.