Numeracion Curtis logos

Logotipo de Curtis

 A historia do Concello de Curtis vén marcada polas diferenzas entre os dous núcleos de poboación máis importantes do municipio (Teixeiro e Curtis). Mesmo no escudo os atopamos representados por cruces de malta separados polo carballo, equidistantes, illados... Estudando os seus referentes artísticos e patrimoniais atopamos numerosos elementos que poderían constituír a imaxe do concello, mais non deixaría de ser inxusto posto que non están vencellados a todo o municipio senón a unha pequena parte.

 

Todo isto fixo pensar nunha proposta coma un compromiso que estes dous núcleos teñen para formar un concello forte, representativo, un concello moderno, capaz de superar as diferenzas para pensar nun futuro prolífero e mellor para todos os seus habitantes. O resultado é unha "aperta" entre as iniciais dos topónimos, Teixeiro e Curtis, que se funden creando un lazo de continuidade, unha espiral dinámica que avanza, que medra, igual que medrará o municipio co tempo e o esforzo dos que nel habitan. Á súa vez, vense 4 pezas que simbolizan esas 4 parroquias que forman o concello: Santa María de Fisteus, Santa María de Foxado, Santa Eulalia de Curtis, e Santa María de Lourdes.

O logotipo combina a solidez dunha tipografía con carácter e outra complementaria máis sinxela. Ten peso por si mesmo e conseguirá transmitir a identidade do concello aínda que funcione illado do símbolo. Inspirado na Bauhaus, liñas rectas e curvas consiguen un logotipo limpo, lexible e con personalidade. En conxunto é un imagotipo dinámico, actual, un xogo visual que coa masa e o baleiro nos fai imaxinar figuras de todo aquelo que un concello pode conquerir con ilusión e constancia.

No que se refire ao cromatismo, rescatouse a cor básica do escudo do concello, o amarelo (alaranxado), que é considerado coma a cor máis optimista e alegre, aquela que evoca abundancia e agudiza o intelecto, aquela que según Goethe: no seu matiz máis puro leva sempre en sí a natureza da claridade e posúe un carácter de serena xovialidade e de doce estimulación. A cor complementaria e o gris, que aporta a seriedade que requiren os imagotipos institucionais. O logotipo foi aprobado no Pleno do 30 de xaneiro de 2008.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.