CURSO MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS
O servizo de orientación laboral do concello de Curtis organizou o día 30 de abril, en colaboración coa empresa Calidaria, o curso de manipulación de alimentos nas instalacións municipais de Curtis.
Ao curso acudiron trinta e cinco veciños e veciñas demandantes de emprego, traballadores do sector da hostalería e o comercio maioritariamente, interesados ben en obter a formación necesaria para traballar manipulando alimentos ou ben en actualizar os seus coñecementos previos na materia.
O Concello promove a realización deste curso nas instalacións municipais regularmente debido a gran demanda existente na veciñanza.