Numeracion Curtis logos

REAPERTURA DA OFICINA DE FOMENTO COOPERATIVO DA AGRUPACIÓN DE SOBRADO ( Sobrado, Toques, Vilasantar, Boimorto e Curtis)

eusumo 20141031

Dende o día 3 de Outubro volve estar aberta e operativa a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Sobrado integrada polos Concellos de Sobrado, Toques, Vilasantar, Boimorto e Curtis que ten a súa sede no Concello de Sobrado, Praza Portal, 1 Porta 15803 Sobrado dos Monxes.

A Oficina está subvencionada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais, a través da Consellería de Traballo e Benestar, formando parte da Rede Eusumo. O seu obxectivo é dar servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Sobrado, Toques, Vilasantar, Boimorto e Curtis, así como sensibilizar á sociedade para divulgar os valores cooperativos dando apoio a emprendedores e promotores cooperativistas, facendo especial fincapé nos mozos/as, desempregados/as e mulleres en xeral. Dita Oficina conta con unha persoa técnica que asesorará sobre os trámites constitutivos e fará un acompañamento dos proxectos de nova creación, pero tamén informando e apoiando as cooperativas que están en funcionamento neste momento.

Nos próximos días irase informando dunhas xornadas que se levarán a cabo en cada un dos Concellos integrantes.

varioslogoseusumo 20141031

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.