Aberto o prazo para solicitar as axudas #PELReactiva
IMPORTANTE!
Aberto o prazo para solicitar as axudas #PELReactiva dirixidas a apoiar a autónomos e microempresas afectadas pola COVID-19.
A achega total destinada ás persoas autónomas e microempresas do noso concello ascende a 97.658€ dos cales o Concello de Curtis aporta 19.531,63 €, o 20% do total de fondos.
O prazo para presentar solicitudes rematará o 25 de novembro.
As axudas solicitaránse a través da sede electrónica do concello. Podes acceder a ela premendo na ligazón: https://sede.curtis.gal/opencms/gl/
O concello conta con persoal de apoio para informar e axudar na presentación das solicitudes.