Máxima preocupación veciñal pola onda de roubos en Curtis e na comarca nos últimos meses
- Roubo de dous mil litros de gasoil en varios camións de Teixeiro
- Con este xa é o terceiro acto delituoso que se produce no mes de abril e o
séptimo no que vai de ano
Curtis-Teixeiro, 25 de abril de 2024-. O Concello de Curtis vén de sufrir novos
hurtos no seu termo municipal. Se xa nos meses de marzo e principios deste
mes o alcalde do municipio, Javier Caínzos, alertaba dunha onda de roubos no
concello co asalto ao campo de fútbol Lucas Vázquez así como no campo de
fútbol do Carregal en Teixeiro e hurtos de vehículos, agora véñense de producir
novos roubos.
Nesta ocasión trátase da sustración dous mil litros de gasoil en varios camións
de Teixeiro así como o asalto da máquina expendedora sita en na Avda. Doutor
Martínez Pardo en Teixeiro forzando a porta antiroubo e con danos valorados
en 2.700 euros.
Tamén no mes de xaneiro se produciron roubos nunha nave agrícola co hurto
de tres motoserras valoradas en 2,144 eruos, unha soldadora valorada en
477,95 euros e seis metros de cable de soldar.
Todos os danos están denunciados ante a Garda Civil. Dende o Goberno local,
que condena enerxicamente os actos vandálicos e delituosos, manifesta a súa
preocupación e solicita o reforzo da vixilancia nocturna por parte da Garda Civil
para erradicar e disuadir estes actos. Tamén solicita a colaboración da
veciñanza na pescuda dos infractores.