Numeracion Curtis logos

CURTIS ACOLLE UN DOS 37 PROXECTOS GALEGOS APROBADOS NO QUE VAI DE ANO DENTRO DO PROGRAMA EUROPEO “XUVENTUDE EN ACCIÓN”

Interxeracional 20121109-1Interxeracional 20121109-0O concello de Curtis acolle do 6 ao 11 de novembro o proxecto xuvenil europeo "Diálogo interxeneracional: + democracia, + participación", no que participan 24 mozos e mozas de 3 países: España, Italia e Portugal. Trátase dunha das 37 iniciativas aprobadas en Galicia no que vai de ano ao abeiro do programa europeo "Xuventude en acción", que destinou a todas estas actividades máis de 428.000 euros.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe nun encontro cos participantes neste proxecto que tivo lugar no Espazo Xove da localidade. A iniciativa, pola parte galega, está liderada polo propio concello de Curtis e a asociación Asovesanxa.

Rodeiro explicou os diferentes servizos que a administración autonómica presta á mocidade e felicitou aos promotores deste proxecto, especialmente tendo en conta que en 2012 se conmemora o Ano europeo do envellecemento activo e a solidariedade interxeneracional.

O obxectivo deste programa é crear un novo marco de participación onde persoas de diferentes xeracións debatan cos responsables da toma de decisións políticas sobre cinco temáticas: saúde, novas tecnoloxías, solidariedade entre xeracións, protección social e empregabilidade. O final do proxecto será a elaboración dunha guía de boas prácticas no envellecemento activo.

En xeral, os proxectos de democracia participativa do Xuventude en acción teñen como meta animar á participación activa dos mozos e mozas na súa comunidade, tanto a nivel local, rexional, nacional como internacional. Estas accións permiten comprender mellor os procesos democráticos para que os participantes se convertan en cidadáns activos nas súas comunidades, grazas á recompilación, a nivel europeo, de ideas, experiencias e metodoloxías necesarias para mellorar a participación da mocidade.

Neste ano 2012, en Galicia realizáronse outros dous proxectos de democracia participativa. Por unha banda, a ANPA do IES Lamas de Abade liderou "Os muros que nos rodean", que pretende formar a mozos e mozas activos e comprometidos co seu contorno a través dunha metodoloxía participativa e baseada na colaboración cos socios de Bulgaria e Turquía, cos que realizan actividades nos seus países e un congreso final en Turquía.

Por outra banda, o outro proxecto realizado en Galicia é "Identificando e promovendo a democracia participativa", levado a cabo pola asociación xuvenil Vrenza, no que participan 4 municipios e 4 asociacións de Italia, Bulgaria, Portugal e España. Esta iniciativa consiste na realización de simulacións de funcionamento de institucións europeas, rexionais, locais e provinciais.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.