Aposta polo noso comercio!
O pequeno comercio é un dos sectores máis prexudicados pola crise económica que nos toca vivir. O Nadal son unhas datas nas que o consumo increméntase, por isto queremos facer un chamamento a todos os nosos veciños e veciñas: facer as nosas compras de nadal nas pequenas empresas e autónomos. Á veciña que vende por catálogo ou por internet, ao artesán, á amiga que ten unha tenda no concello, o pasteleiro ou panadeiro que fai unhas sobremesas exquisitas e de calidade, á veciña que ten unha tenda de roupa, complementos, xoias, electrodomésticos... en resume aos veciños de toda a vida. Sen esquencernos da nosa gastronomía, comezamos o 9 de decembro coa festa da nabiza e do queixo de Curtis e continuamos cos ricos manxares (pratos, tapas, pinchos,...) que nos preparan os locais de hostalaría para estas festas. Aproveita e coñece a gran variedade gastronómica do noso concello.
Fagamos que os nosos cartos chegue ás persoas comúns!
Apoiemos a nosa xente!