Numeracion Curtis logos

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo selecciona un proxecto do Concello de Curtis enfocado nas novas tecnoloxías.

Un proxecto de implantación de novas tecnoloxías promovido polo Concello de Curtis foi seleccionado como beneficiario dunha axuda do Programa Leader 2007-2013 na reunión da Xunta Directiva do GDR UTM, celebrada o mércores 24 de abril de 2013.

O obxectivo da iniciativa promovida pola entidade municipal é a de familiarizar á poboación local, en especial ós máis novos e os maiores co uso das novas tecnoloxías e a utilización da Internet. O Concello é consciente de que o bo manexo da rede é cada día máis imprescindible na vida diaria, de feito, existen trámites que xa só se poden realizar online.

Con este proxecto dotarase a dous locais municipais, como son o centro de ocio infantil e o edificio de usos múltiples, de moderno equipamento informático para a realización de xornadas, obradoiros e seminarios que terán como obxectivo informar á poboación de todas as potencialidades e usos do mundo 2.0 (xestión de trámites administrativos e sanitarios, consultas de información, compra online, xestión de redes sociais, etc.).

O investimento que acometerá o Concello de Curtis supera os 58.000 €, para o cal foi aprobada unha axuda Leader por importe de 36.133,82 €.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.