Numeracion Curtis logos

Nosa Señora de Lurdes

A parroquia de Nosa Señora de Lurdes é a máis occidental do municipio, abarcando unha superficie de 865 ha., representando o 7.36% do total. A esta parroquia pertence o nucleo urbano de Curtis, que representa un 27% da poboación total do concello, sumando un total de 1.420 habitantes.

A parroquia de Nosa Señora de Lurdes foi desmembrada de Santa María de Fisteus e creada parroquia independente pola real Orden da Dirección Xeneral de Xustiza, Culto e Asuntos Xenerales o 10 de Outubro de 1928, adquirindo total independencia por un Decreto do Arzobispado de Santiago con fecha de 1 de Febreiro de 1929.


Esta parroquia estaba formada polos seguintes núcleos de poboación: Curtis, Empalme, Raya,Payo Rodriguez, Budeos, Seixo de Arriba y Seixo de Abaixo.

Son de fundación inmemorial as aldeas de: Budeos, Seixo de Arriba e Seixo de Abaixo. As demáis son de recente creación, incluída a casa que habitou don Payo Rodriguez e que deu orixe a aldea do mesmo nome.

Probable etimoloxia destas aldeas:

O máis probable é que o nome de Budeos (o Bodeos) proveña do latín “buda” que significa espadana (con respecto ás espadanas dos prados). Trátase de un xunco que abunda en lugares humidos e pantanosos, como era a aldea de Budeos


A palabra galega “Seixo” procede do latín “saxum” que significa roca dura, cuarzo (croio) e que era abundante en toda a zona.

A estación de ferrocaril de Curtis e as carreteras de Curtis-Santaia, Coruña-Ourense e a comarcal Santiago-Curtis, deron motivo ó nacemento dunha gran feira.

Debido ó aumento da poboación e ás necesidades de dita feira creouse unha nova capilla que pronto se convertiría na Igrexa Parroquial de Lourdes de Curtis, sendo a novena Igrexa do Arcipestrazgo de Sobrado baixo o patrocinio de Santa María.

Para saber máis sobre a historia da Vila de Curtis existe unha obra de Don Andrés Mariño Sanmartín, titulada “Bodeus, Curtis-Estación, Curtis”, onde se pode atopar os oríxenes e a evolución da xoven Vila de Curtis.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.