UV BANNER Curtis 2023 web

AXUDAS AGADER MODERNIZACIÓN EMPRESAS (MAQUINARIA/EQUIPOS NOVOS) 2023

Agader a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o 30 de xaneiro de 2023 unha nova  convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias", dentro da medida 6.4 "Investimentos en actividades non agrarias" do PDR de Galicia 2014-2020.

A liña de axudas principal está destinada exclusivamente á modernización de empresas existentes, mediante a adquisición de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

A convocatoria será moi similar á publicada no ano 2021: 

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3.       Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:

Os proxectos deben ter  un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

a)         Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b)         Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 

c)         Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d)         Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).

e)         Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f)         Artesanía e actividades artesanais.

g)         Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h)         Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i)          Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Importe da Axuda

45% dos gastos subvencionables

Para calquera dúbida os promotores poden porse  en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  ou nos teléfonos: 981547369 - 981547382 - 981542690

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.