Numeracion Curtis logos

CURTIS ACOLLE UN DOS 37 PROXECTOS GALEGOS APROBADOS NO QUE VAI DE ANO DENTRO DO PROGRAMA EUROPEO “XUVENTUDE EN ACCIÓN”

Interxeracional 20121109-1Interxeracional 20121109-0O concello de Curtis acolle do 6 ao 11 de novembro o proxecto xuvenil europeo "Diálogo interxeneracional: + democracia, + participación", no que participan 24 mozos e mozas de 3 países: España, Italia e Portugal. Trátase dunha das 37 iniciativas aprobadas en Galicia no que vai de ano ao abeiro do programa europeo "Xuventude en acción", que destinou a todas estas actividades máis de 428.000 euros.

MOZOS E MOZAS ITALIANOS E PORTUGUESES VISITAN O CONCELLO DE CURTIS

Este venres 9 de novembro, o Alcalde recibirá no Concello a un grupo de mozos e mozas italianos e portugueses, participantes do proxecto 1.3 de Democracia Participativa: "Diálogo interxeneracional: + participación, + democracia", cuxo promotor foi o Concello de Curtis e que conta como socios a dúas institucións públicas de Italia e Portugal, así como a 3 asociacións, unha de cada país. O proyecto está financiado pola Unión Europea dentro do plan " Xuventude en acción"

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.