banner cultura 2019 1

Talleres para mellorar as habilidades dixitales dos emprendedores e das persoas que buscan emprego

emprenderO Servizo de Orientación Laboral do Concello de Curtis convoca dous talleres dirixidos á mellorar as habilidades dixitales tanto dos emprendedores como das persoas na búsqueda activa de emprego.

Inscrición: Servizo de Orientación Laboral. Teléfono: 981789003. Ext. 2037

Taller de habilidades dixitais para emprender un negocio.

  • Días: 19 e 20 de xuño.
  • Horarios: 16.00 a 19.00 horas. 
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples de Curtis

Taller de habilidades dixitais para a búsqueda de emprego. taller emprego

  • Días: 26 e 27 de xuño.
  • Horarios: 16.00 a 19.00 horas. 
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples de Curtis

 

 

 

 

Aberto o prazo ata o 26 de xuño para inscribirse nos cursos de natación, aquagym e pádel

piscina 2019A área de Deportes e Xuventude do Concello de Curtis abre o prazo, ata o día 26 de xuño, para a inscrición nos cursos de natación e aquagym nas piscinas municipais, así como os de pádel, que se impartirán durante os meses de xullo e agosto.

Tras as inscricións, será o día 1 de xullo, ás 12.00 horas, cando se distribúan os grupos e os horarios para as actividades nunha reunión nas piscinas municipais.

A inscrición, obrigatoria e que esixirá cubrir a ficha oficial, pódese realizar xa na Casa do Concello, en Teixeiro, ou nas dependencias municipais no recinto da Feira Comarcal de Curtis.

O prezo será de 12,41 euros mes por actividade.

A idade mínima para participar nos cursos de natación será os nados en 2013, e para pádel, os nados en 2010. Os/as alumnos/as de aquagym deben ser maiores de idade, 

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.