Numeracion Curtis logos

O CENTRO GALEGO DE BIZKAIA EN BARAKALDO VISITA O CONCELLO DE CURTIS

la foto 3 1la foto 4 1O alcalde, Javier Caínzos, xunto con representantes da Asociación Cultural Faragullas recibiu a unha ampla representación do Centro Galego de Bizcaia en Barakaldo.

O seu presidente, José Pereiras Taboada, asinou no libro de honra e fíxoselle entrega dun cuadro co escudo do Concello.

O centro galego visitou Teixeiro con motivo da III Ruada organizada pola Asociación Cultural Faragullas coa que colaboran habitualmente.

Para dar remate a esta xornada celebrouse un xantar con productos típicos desta terra ao que asistiron uns cen galegos residentes en Barakaldo e os representantes de Faragullas e o Concello de Curtis.

O alcalde fixo entrega dunha placa conmemorativa da xuntanza ao Presidente, José Pereiras.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.