Numeracion Curtis logos

Rutas para fomentar hábitos de vida saudable entre a poboación

rutas saude 2Desde a área de Saúde e Deporte fomentamos a adquisición de hábitos de vida saudable entre a poboación a través do trazado de diferentes rutas para todas as idades.

Consultade aquí as rutas e os consellos:

Segue o tren. Camiños escolares.

Sinalamos os Camiños Escolares de Curtis e Teixeiro para fomentar o desprazamento a pé ou en bicicleta dos menores aos centros educativos fomentando o exercicio e promovendo que se poidan mover con maior autonomía e seguridade.

  • Díptico pdf

Segue os corapés. Rutas pedestres.

Trazamos 6 quilómeros de rutas pedestres en Curtis e Teixeiro para animar á veciñanza a manter unha actividade física saudable. É recomendable andar entre 25 e 30 minutos diarios.

  • Díptico pdf

Novas relacionadas:

 

Novas subvencións para achegar a banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

Esta liña de axudas, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta para cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 30 Mbps, cun máximo de 20.000€ por proxecto.

Para máis información sobre estas axudas:

  • Na ligazón https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR604A
  • Na Oficina de Banda Larga, a través da dirección de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
  • Chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.

axudas

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.