ACTO DE ENTREGA DOS CERTIFICADOS DE APTITUD PROFESIONAL (CAP)
Antonio Fraga, Tte. Alcalde do Concello de Curtis, entregou o venres 5 de decembro os carnets aos asistentes ao curso, organizado polo Concello, de renovación do CAP para os profesionais condutores de vehículos por estrada e de pasaxeiros.
Estes carnets son necesarios, segundo a lexislación vixente, para traballar profesionalmente como condutores de camión e de autobús sendo imprescindible a súa renovación cada cinco anos.