Numeracion Curtis logos

Sanidade comprométese a que o Centro de Saúde de Teixeiro estea atendido por un só médico de maneira permanente

  • A situación normalizarase na segunda quincena deste mes, se para entón segue de baixa a médico titular.

fotocentrosaudeteixeiro20150901A delegada territorial da Xunta e o director de Procesos de Atención Primaria confirmaron esta mañá ao Concello de Curtis que o Centro de Saúde de Teixeiro disporá dun médico de xeito ininterrompido na segunda quincena deste mes se para entón a titular aínda segue de baixa.

Os responsables autonómicos responderon así á reclamación exposta onte polo alcalde Javier Caínzos para que normalizasen o servizo e evitar que cada vez que os pacientes se achegasen ao Centro de Saúde se atopasen cun profesional distinto, que é o que estaba a suceder nos últimos meses ao estar a médico titular de baixa. O rexedor trasmitulles as numerosas queixas dos veciños a este respecto.

Sanidade explicou que os cambios de facultativos sufridos até agora viñeron derivados das dificultades de axustar os calendarios ao ser meses de vacacións de verán.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.