Numeracion Curtis logos

Obriga de limpar as parcelas de natureza urbana ou próximas a vivendas rurais para previr os incendios forestais

bando limpiezaBANDO URXENTE: EVITEMOS OS INCENDIOS FORESTAIS

Comunícaselle aos propietarios de parcelas de natureza urbana ou próximas a vivendas rurais que deben limpar de maleza os seus solares para previr os incendios forestais.

O incumprimento destas obrigas traerá consigo o correspondente procedemento sancionador e ademais repercutiranse os custos dos traballos que, con carácter subsidiario, efectúe a Administración.

Lembramos que as sancións por incumprimento do disposto na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e modificacións derivadas da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de Montes de Galicia, son as seguintes:

  • INFRACCIÓNS LEVES: Con multa de 100 € a 1.000 €
  • INFRACCIÓNS GRAVES: Con multa de 1.001 € a 100.000 €
  • INFRACCIÓNS MOI GRAVES: Con multa de 100.001 € a 1.000.000 €

Teléfonos de apoio:

  • Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes: 981 546 107
  • Servizos provinciais de prevención e defensa contra incendios: 981 184 535
  • Teléfonos de Emerxencias (Defensa contra incendios forestais): 085

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.