Numeracion Curtis logos

Comezan as obras de reforzo do firme e a ampliación da estrada que une a N-634 a Santaia

  • O investimento ascende a 150.000 euros, procedente do remanente positivo de 2015.
  • Finaliza o traballo de asfaltado da pista de Muradela a San Cibrá.

ObrasSantaia1Obras Santaia2muradela

O Concello de Curtis iniciou esta semana as obras de reforzo do firme e a ampliación da pista que une a N-634 á parroquia de Santaia, unha das máis transitadas xa que é un acceso clave desta poboación co resto de núcleos e unha zona de paso habitual dos gandeiros á cooperativa alí situada. O investimento nesta actuación ascende a 150.000 euros.

Esta semana, ademais, comezaron os traballos de sinalización horizontal nas rúas de Curtis e Teixeiro, obras que ten un custo de 11.400 euros.

Tamén esta semana finalizou a execución efectuada na pista de Muradela a San Cibrá, que consistiu no seu asfaltado e que contou cun orzamento de 34.800 euros.

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.