Numeracion Curtis logos

Finaliza a posta a punto dos CEIP de Curtis e Teixeiro, onde se deron resposta ás peticións da directiva e as Anpas

  • Entre as actuacións executadas inclúense melloras na accesibilidade e na calefacción, así como o pintado de aulas

obras ceip Curtis 18 obras ceip teixeiro 18

O Concello de Curtis finalizou as actuacións para a posta a punto dos CEIP de Curtis e Teixeiro antes do inicio do curso escolar, obras que se executaron atendendo as peticións da directiva e das Anpas dos centros educativos e en colaboración coa Consellería de Educación.

Así, deuse resposta á necesidade de mellorar a accesibilidade ás aulas de Infantil do CEIP de Curtis, ciclo educativo onde, ademais, se acondicionou a zona de lecer exterior. Tamén se adecuaron as zonas comúns para exposicións, e nestas mesmas áreas ampliouse a instalación da calefacción e os radiadores.

No CEIP de Teixeiro instalouse unha nova rede de subministración eléctrica, pintáronse as aulas solicitadas pola dirección así como os locais do centro educativo, colocouse tarima flotante na zona de Infantil, puíuse o chan do comedor e cubríronse os radiadores do ximnasio por seguridade.

Ademais destas actuacións, desenvolveranse algunhas máis que cofinanciará a Consellería de Educación.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.