Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis celebra mañá os 20 anos da súa Festa do Cabalo coa que impulsa a pura raza galega

  • A celebración, que reunirá o domingo, día 4, incluirá probas e concursos puntuables para os campionatos galegos.
  • As probas celebraranse detrás da Casa do Concello e disporase dunha ampla zona de aparcadoiro para facilitar a asistencia á festa.

cabalo xxA Festa do Cabalo do Concello de Curtis en Teixeiro celebra este domingo, 4 de agosto, a súa XX edición. Vinte anos nas que o Goberno Local, a través da Área de Promoción Económica, impulsa o cabalo de pura raza galega ao ser Curtis un dos municipios da provincia da Coruña con máis gandarías.

O programa desta festa, unha das máis consolidadas e atractivas para os afeccionados ao mundo ecuestre xa que nela se poden admirar algúns dos mellores exemplares, incluirá as probas do concurso morfolóxico puntuables para a Copa de Galicia, así como as probas de andaina para o Campionato de Galicia. Ademais, desenvolverase o concurso de andaina galega e de trote.

Este ano, como novidade, celebrarase a Gran Proba de enganches en sulky, limonera e tronco puntuable para o Campionato Galego, que se organizará en dúas tandas, de12.a 14.30 horas e de 14.00 a 18.30 horas.

En total, repartiranse máis de 3.700 euros en premios.

A xornada, que comezará ás 10.00 da mañá, finalizar coa entrega de premios, ás 19.15 horas.

As probas celebraranse nun campo destinado a actividades ecuestres situado detrás da Casa do Concello e disporá dunha ampla zona de aparcadoiro para facilitar a asistencia á festa.

Na organización desta festa colaboran o Clube Hípico de Teixeiro, a Xunta de Galicia, a Deputación, a Asociación do Cabalo Galego e a Federación Hípica Galega.

  • Programa: pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.