Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis desenvolveu dous proxectos con fondos de compensación medioambiental cun importe de 94.000 €

  • A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta coñeceron de man do alcalde Javier Caínzos os avances dos proxectos.
  • Curtis executou unha acción, xunto con Sobrado, para optimizar a control de xestión dos residuos sólidos.

compensacion ambientalO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, recibiu á directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que quixeron coñecer de primeira man os dous proxectos que desenvolve o concello co Fondo de Compensación Ambiental, un centrado na vixilancia da xestión dos residuos sólidos e outro de mellora do equipamento municipal.

Nesta reunión tamén estivo presente o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, concello que colabora co de Curtis no proxecto de xestión dos residuos sólidos, que permitiu, cun investimento de 54.858 euros, a á contratación dun técnico ambiental e sete peóns, así como á adquisición de dous vehículos de control nos dous municipios. Ademais, a través destas subvencións, o concello curtiense percibiu outros 39.162 euros para a compra de maquinaria coa que manter limpos os espazos naturais e zonas verdes do municipio

En total, segundo lembrou á directora xeral de Administración Local, con esta liña de axudas Vicepresidencia repartirá este ano 279.438 euros en oito concellos da comarca da Coruña.

Marta Fernández-Tapias destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que con estas axudas os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns.

O Fondo de Compensación Ambiental púxose en marcha en 2010 e permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións realizadas son financiadas a través do canon eólico. As axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración do medio ambiente e o reequilibrio territorial.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.