Numeracion Curtis logos

CONCILIACIÓN NA MONTAÑA CORUÑESA

Do 26 de decembro de 2012 ó 7 de xaneiro deste ano tivo lugar no Centro de Ocio Infantil de Curtis o desenvolvemento dunha serie de actividades lúdico – educativas dirixidas a rapaces e rapazas de tres a doce anos destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do noso Concello. A iniciativa está enmarcada dentro do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa subvencionado pola Deputación da Coruña, que ten entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co gallo de que as crianzas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres.

Un total de trinta e cinco crianzas acudiron ás actividades, sendo trece nenos e vintedúas nenas. Polo que idades respecta o maior número de participantes tiña seis anos, seguido polo de sete e nove anos, respectivamente. As actividades que maior éxito tiveron foron o obradorio de cociña e a sesión de cine.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.