banner cultura 2019 1

Patrimonio Natural

medioambiente
A riqueza natural do Concello de Curtis foi catalogada pola UNESCO en 2013 como Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Este territorio, que abarca 17 municipios da provincia da Coruña, alberga unha elevada riqueza de especies silvestres, tanto no relativo á flora como á fauna, representativas do medio mariño, costeiro e continental da Rexión Bioxeográfica Atlántica. Á diversidade de especies debe engadirse unha importante diversidade de hábitats de 49 tipos diferentes (68% dos presentes en Galicia), 12 designados como prioritarios (66% dos presentes en Galicia).

Na área da reserva destacan, pola súa extensión e riqueza, os agrosistemas tradicionais entre os que se atopan medios como as brañas (mosaico de brezales húmidos, turberas altas e prados higrófilos) de gran singularidade e fraxilidade, ou a abundancia de sebes arbóreos, que actúan como hábitats secundarios para o mantemento de moitas especies de flora e fauna silvestre.

Datos da reserva

Municipios integrados: Agrupa a 17 concelloss: Curtis, Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Provincia: A Coruña / Comunidade autónoma: Galicia.

Superficie total: 116.724,3 ha, das cales 113.969,6 ha (97,64%) corresponden a medio terrestre, e 2.754,7 ha (2,36%), a medio mariño.

Coordenadas xeográficas do punto central: 43º 13' 31,59'' N e 8º 11' 49,00''.

Límites e zonificación: A reserva localízase no ámbito do litoral cántabro-atlántico de Galicia, no Noroeste da Península Ibérica. Este territorio componse principalmente de dúas grandes concas, as dos ríos Mero e Mandeo, ademais de incluír outras pequenas concas costeiras.

A zonificación que presenta distribúese do seguinte modo:
- Zona núcleo. Superficie total de 6.508,5 ha, todas elas terrestres.
- Zona tampón. Superficie total 22.118,6 ha: 21.324,1 ha terrestres e 794,5 ha mariñas.
- Zona de transición. Superficie total 116.724,3 ha: 113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.