Numeracion Curtis logos

MERCAPROXIMIDADE

A Consellería do Medio Rural, publica hoxe día 14.04.20, a creación dunha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade con motivo da suspensión de actividades comerciais derivada da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A adhesión:
Farase preferentemente a través das organizacións profesionais agrarias, as asociacións de produtores e os consellos reguladores de denominacións de orixe e de indicacións xeográficas protexidas, tras a solicitude do produtor. Tamén os provedores poderán adheirse á rede de maneira individual.

Requisitos:
- Manifestar expresamente a súa adhesión á rede, a través dun correo dirixido a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando os seus datos de contacto, un enderezo electrónico; os datos básicos da explotación e o tipo de producións.

- Achegarase unha declaración responsable na cal se faga constar expresamente a imposibilidade de canalizar a saída comercial da súa produción polas vías habituais, nos mercados locais tradicionais ou na hostalaría e restauración, e que esa vía supón como mínimo o 50 % dos seus ingresos.

Ver o BOP Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.