banner nadal 17

GES

porges

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Curtis, GES, que cobre as emerxencias as 24 horas do día todo o ano, púxose en marcha para dar unha resposta áxil e eficaz aos cidadáns ante calquera incidencia derivada principalmente do desencadenamiento de riscos naturais, procura de persoas, accidentes de tráfico, incendios urbanos ou aglomeracións significativas de persoas.

O servizo naceu en 2013 tras un acordo de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP, a Deputación de A Coruña e o Concello de Curtis. O GES forma parte dos sete grupos formados en toda a provincia para cubrir o territorio nunha distribución máis racional de recursos.

Area xeográfica de atención

WvivirnosoconcellosSeguridad
O GES de Curtis actúa nos concellos de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga. En total, cobre unha extensión de 800 quilómetros e da servizo a unha poboación de 18.000 veciños

Servizos

Os equipos de GES ben poderán actuar de oficio ou ben a requirimento de particulares interesados.

Os seus principais ámbitos de actuación son:
- Atención en incidencias derivadas de riscos naturais ou episodios meteorolóxicos adversos: incendios forestais, nevadas, secas, inundacións, etcétera.
- Incendios urbanos.
- Derrubamentos de edificios e outras construcións.
- Accidentes de tráfico.
- Labores de procura e salvamento
- Labores de mantemento: a rede de estradas e vías de comunicación.
- Participación en dispositivos de protección civil que se planifiquen en casos de actividades nas que se rexistran aglomeracións significativas de persoas.

Equipos

O GES está formado por un equipo de 12 efectivos e conta cunha estrutura profesionalizada de carácter estable e permanente.
Dirección
Recinto Feiral
Praza Pardo Bazán

15310 Curtis (A Coruña)

Telf. 112

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.