EXAME BANER HORIZONTAL

Sesión grupal: A carreira profesional nas Forzas Armadas

O luns, día 9 de xuño ás 12:00 horas, vaise impartir unha sesión grupal dirixida a persoas demandantes de emprego sobre "A carreira profesional nas Forzas Armadas".

O obxectivo de esta sesión grupal impartida por persoal responsable de apoio a reclutamento de Galicia, pretende informar das convocatorias que se atopan abertas para acceder ás escalas e corpos das Forzas Armadas e coñecer tanto os prazos como o procedemento para a admisión nestes procesos selectivos.

A partir do venres 23 de maio e ata cubrir as prazas dispoñibles, poden anotarse a través do portal de emprego emprego.xunta.gal e acudir presencialmente ás oficinas nas que se ofertan prazas para asistir a esta sesión grupal.

Oficinas con sesión grupal aberta na web:

O.E. CORUÑA-TORNOS O.E. A CORUÑA - CENTRO O.E. FERROL-CENTRO O.E. AS PONTES O.E. BURELA O.E. CHANTADA O.E. LUGO NORTE O.E. LUGO SUR O.E. VILALBA O.E. CELANOVA O.E. CARBALLIÑO O.E. OURENSE-A PONTE O.E. OURENSE-CENTRO O.E. RIBADAVIA O.E. VERIN O.E. CALDAS O.E. CANGAS O.E. CAMBADOS O.E. A ESTRADA O.E. PONTEVEDRA BISBARRA O.E. PONTEVEDRA O.E. REDONDELA O.E. VIGO-NAVIA O.E. VIGO-LOPEZ MORA O.E. VILAGARCIA COE

Máis información: Servizo de orientación laboral 981789003 Ext.2037

FORMACIÓN DIXITAL - Competencias dixitais intermedias

images

Curtis, 26 de maio de 2025

Que é FormaciónDixital?

É un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital.

Está acreditado pola Xunta de Galicia.
É 100% gratuíto, 100% online e 100% titorizado.
Está enfocado a toda a cidadanía.
Está 100% financiado con Fondos Next Generation UE.

Por que cursar FormaciónDixital?

1. Mellorarás no teu día a día e resolverás situación cotiás como:

Realizar os trámites coa Administración pública.
Crear e xestionar as túas redes sociais.
Coñecer as principais ferramentas de seguridade.
Ampliar o teu mercado laboral, utilizando aplicación e programas.
E moitas máis habilidades dixitais que che facilitarán a vida.

2. Obterás un diploma acreditativo ao finalizar a formación emitido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.

3. Conseguirás a preparación necesaria para optar á obtención do ComDix(*).

(*)Este programa formativo non outorga directamente a certificación ComDix, pero sí é unha preparación para o mesmo. Para a súa obtención é necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas directamente pola Amtega.

Que é e para que serve o certificado ComDix?

É a certificación galega en competencias dixitais que promove a Xunta de Galicia e que acredita o nivel que ten unha persoa para empregar as tecnoloxías dixitais no ámbito persoal, social e profesional de forma efectiva, segura e cívica.

Esta certificación sevirá para demostrar ante calquera institución, empregador ou persoa o noso nivel e aptitude no uso das tecnoloxías dixitais e terá un periodo de validez máximo de cinco anos desde a data da súa obtención.

A súa regulación normativa vén recollida no DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais (DOG nº 181 do 20 de setembro do 2021).

 

CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO - SANTIAGO

CARTEL

 

 

Acción formativa dirixida a persoas demandantes de emprego. 

Requisitos mínimos de acceso: ESO, Competencias Clave nivel 2 ou Equivalente 

Data de inicio: 9/5/2025

Inscricións: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Teléfono: 669925419

 

Curso en liña gratuíto de Intelixencia Artificial Responsable en colaboración con Microsoft.

 Publicado o 26 Febreiro 2025 

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con Microsoft pon a disposición das persoas inscritas no SPEG menores de 35 anos un curso en liña gratuíto de Intelixencia Artificial Responsable.

Esta formación é apta para todos os niveis e non require experiencia previa en IA pero sí coñecementos de informática básicos a nivel usuario. Nesta formación a persoa pode adquirir unha visión da potencia das ferramentas de IA no eido persoal e profesional, explorar con casos reais de uso e empregar o Copilot web.

O curso realizase na modalidade en liña, ten unha duración de 8 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse de forma sinxela mediante o seguinte enlace: Aquí

CURSO DE COMPETENCIAS DIXITAIS - FEBREIRO 2025

Para mais información contactar con Servizo de Orientación Laboral de Curtis: 981789003 ou no email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

- Nivel básico. 200 horas de formación. Horario de 9-14h de luns a venres. 

- Computadora portátil de agasallo para cada un dos participantes que realicen o curso. 

competencias dixitais

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.