PLAN MOBILIDADE 2020. CÁMARA DE COMERCIO
3 de febreiro de 2020
Programa dirixido a mozos e mozas de ata 29 anos que non traballen nin estudien, inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e desexen realizar prácticas en empresas doutro país da UE. Cada vacante ten os seus propios requisitos.
O prazo de presentación de solicitudes: dende o 31 de xaneiro as 00.00 horas e concluirá o 15 de diciembro de 2020 ás 23:59 horas.
As estancias internacionais poderán iniciarse dende o 01/02/2020 debendo finalizar antes do 30/06/2021.
Mais información: Aquí
ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS
Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
OPORTUNIDADE DE EMPREGO EN GREENALIA, EMPRESA DE BIOMASA (TEIXEIRO)
A empresa Grupo Forma-t colabora coa empresa Greenalia no desenvolvemento de accións formativas con compromiso de contratación para incorporar persoal nos postos de Operadores de empacadoras de Biomasa, que iniciará a súa actividade proximamente no polígono de Teixeiro.
A empresa Forma-t encargarase da formación do persoal no manexo das empacadoras de biomasa, para o cal vai realizar un total de 6 cursos gratuitos de 300 horas, cada un deles contará cun número limitado de 15 prazas e cada curso ten un compromiso de contratación con Greenalia dun mínimo de 6 alumnos/as.
O lugar de impartición dos cursos será: 2 en Vilalba (un en quenda de mañá e outro de tarde) que empezarán no mes de xullo de 2019 e 4 que se desenvolverán previsiblemente en Ordes e Arteixo. Para participar destas accións é imprescindible estar en situación de desemprego, inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, os participantes terán unha beca de desplazamento (0,19 cent./km).
Para máis información: Servizo de Orientación Laboral. Concello de Curtis. 981789003 Ext. 2037
Para a inscrición: Forma-t, teléfono 982513605 ou no email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
BUSSINES FACTORY AERO: ABERTA A CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA ACELERADORA GALEGA DO SECTOR AERONÁUTICO
No marco do programa Civil UAVs Initiative, a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha a Business Factory Aero (BFAero), a primeira aceleradora galega do sector aeronáutico, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras nese eido.
Todos aqueles proxectos emprendedores do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados en Galicia que necesiten validar o seu modelo de negocio, así como as pemes do sector que precisen sistematizalo e consolidalo, poden presentar as súas solicitudes para participar nas fases de incubación e aceleración que promoverá a BFAero. A convocatoria estará aberta ata o 28 de febreiro de 2019.
A iniciativa, desenvolta a través do Igape, Gain e Xesgalicia, e xestionada pola Fundación CEL, conta co apoio de dúas empresas líderes no sector e con proxección internacional, Indra y Babcock, o centro tecnolóxico CTAG e outras entidades representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego. Poden participar, ademais, todas as institucións e empresas interesadas en impulsar un ecosistema de innovación aberta no ámbito aeronáutico.
Máis información: Aquí