Numeracion Curtis logos

Curso de preparación das probas libres E.S.O, convocatoria 2017.

 

IMG 20170301 202817 2O pasado 1 de marzo iniciouse o curso de preparación das probas libres da E.S.O para adultos, financiado polo Concello de Curtis, na aula municipal situada no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. A acción formativa pretende preparar a veciñanza ás probas oficiais para a obtención do titulo en educación secundaria organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que este ano teran lugar o día 2 de xuño.

O curso desenvólvese diariamente de 20 a 22 horas ata o día previo ás probas oficiais, e nel participan un total de 18 alumnos/as, once veciños do Concello de Curtis, tres de Vilasantar, dous de Sobrado e outros dous de Oza-Cesuras, dando cubertura no rural ás necesidades formativas das persoas adultas.

Competencias Clave 2017

No DOG Núm. 47, do 7 de marzo de 2017 convócanse as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3. O prazo para presentar a solicitude de participación é ata o día 24 de marzo.

Toda a información sobre a convocatoria: Aquí 

 

Demanda de emprego da empresa que xestionará o Centro de Día de Curtis

 Ccentro dia

O servizo de Orientación laboral do concello de Curtis informa da oferta de emprego presentada pola empresa que vai a xestionar o Centro de Día sito no Concello.

 A empresa demanda os seguintes perfís profesionais:

  • Persoal Xerocultor/a

Titulación: FP Aulixiar de enfermería ou FP Auxiliar de clínica ou Certificado de profesionalidad en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

  • Traballador/a social

Titulación: Diplomatura ou Grao en Traballo Social.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

  • Terapeuta Ocupacional

Titulación: Diplomatura ou Grado en Terapia Ocupacional.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

  • Psicólogo/a

Titulación: Licenciado o Grado en Psicoloxía.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

As persoas interesadas en enviar o CV, pódesen pasar polo Concello de Curtis de lunes a venres de 9:00 a 14:00 h ou enviar o seo CV a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

O prazo para enviar o CV ábrese desde o luns 18 de Xullo ata venres 22 de xullo ás 14:00 horas.

 

Convocatoria de selección de persoal do Concello de Curtis para a cobertura, con carácter laboral temporal, dun posto monitor/a de tempo libre

servizos 2016

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL DO CONCELLO DE CURTIS PARA A COBERTURA, CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL, DUN POSTO MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

Infórmase a tódalas persoas interesadas en anotarse ao proceso selectivo para a contratación de 1 monitor/a de actividades de tempo libre o seguinte:

  • Prazo de presentación de documentación: Do 09/06/2015 ao 15/06/2016 (ambos incluídos).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.