Numeracion Curtis logos

O Centro de Información da Muller recibiu 1.176 consultas e atendeu a 136 persoas no 2014

  • O CIM canalizou as accións formativas, de emprego, conciliación e contra a Violencia de Xénero do III Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades

GIgualdade20150108O CIM, Centro de Información da Muller, con sede en Curtis e que desde mediados do ano pasado tamén presta servizo aos concellos de Sobrado e Vilasantar, recibiu un total de 1.176 consultas ao longo do 2014 e atendeu a 136 persoas, 131 mulleres e cinco homes. O principal obxectivo deste centro é achegar información e asesoramento xurídico e psicolóxico ás mulleres nas cuestións que lles afecten, así como canalizar as accións do III Plan Municipal de Curtis para a Igualdade de Oportunidades.

Entre as accións postas en marcha no 2014, destaca, dentro da atención que se presta de apoio integral e loita contra a Violencia de Xénero, a creación da Mesa Local de Coordinación como instrumento esencial para optimizar as accións en materia de prevención, sensibilización e mellora na atención ás vítimas.

Ademais, a través do Programa Aurora do Instituto da Muller para mellorar a inserción socio-laboral das mulleres no medio rural, desenvolvéronse os módulos GIRA, de habilidades sociais para mellorar o emprego das participantes tendo en contas as súas competencias, capacidades e habilidades laborais e persoais, e MABEM, para achegar as ferramentas adecuadas para a procura activa de emprego. Tamén se organizaron, entre outros, talleres de motivación, emprendimiento e de alfabetización dixital.

No ámbito educativo, impartíronse obradoiros e charlas nos colexios de Curtis e Teixeiro, así como no Instituto, co obxectivo de sensibilizar aos alumnos na importancia da igualdade, na corresponsabilidade familiar e en contra da violencia de xénero.

Tamén se inclúe no III Plan de Igualdade o Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa, cofinanciado pola Deputación e que se afianzou como recurso entre os pais de nenos de 3 a 12 anos para conciliar os tempos laborais e persoais, programa que se reforzou nas vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán. Foi precisamente en verán cando mallor demanda existiu, con 79 persoas inscritas en xullo e 48 no mes de agosto.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.