Numeracion Curtis logos

Curtis homenaxeará o 6 de decembro ao queixo da zona e á nabiza coa súa xa tradicional ruta gastronómica

  • Ademais da festa culinaria, ese fin de semana daranse cita no municipio decenas de moteiros na VIII Xuntanza Invernal de Os Auténtico de Curtis.

cartelnabizaequeixo 2015

O Concello de Curtis homenaxeará o domingo, 6 de decembro, a dous dos produtos típicos do municipio, o queixo de tetilla e a nabiza, a través dunha ruta gastronómica que se consolidou xa como unha das citas ineludibles da comarca.

Máis dunha vintena de bares e locais hostaleiros de Curtis e Teixeiro ofrecerán durante todo o día tapas e menús cuxos ingredientes principais son estes dous produtos de recoñecida calidade. A fama do queixo de Curtis remóntase ao século XIX cando a feira da Illana chegou a adquirir tanto recoñecemento pola calidade deste produto que, durante anos, os queixos de teto foron coñecidos tamén como queixos da Illana, tal e como recolle na súa historia o Consello Regulador.

Ademais da festa culinaria, os días 5 e 6 daranse cita no municipio os participantes da VIII Xuntanza Moteira Invernal, que organiza o club Os Auténticos de Curtis. O prazo para que os afeccionados ás motos se inscriban está aberto até o día 2 de decembro.

Díptico da ruta gastronómicadipticofestanabiza 2015

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.