Numeracion Curtis logos

Máis de 150 nenos de sete municipios participarán na I Gala de Patinaxe Concello de Curtis

galapatinaje 2016

As Escolas Deportivas Municipais, organizarán mañá, sábado, día 16, a I Gala de Patinaxe Concello de Curtis na que participarán máis de 150 nenos dos municipios de Curtis, Toques, Frades, Boimorto, Betanzos, Cerceda e Culleredo.

A gala, que será só de exhibición non de carácter competitivo, celebrarase no pavillón polideportivo de Curtis a partir das 16.10 horas.

Non é a primeira vez que o Concello organiza exhibicións de patinaxe, deporte polo que vén apostando desde hai varios anos, pero até agora só participaban os alumnos da Escola Municipal. Este ano, por primeira vez, convidouse aos mozos doutros municipios para darlle un novo impulso.

Na Escola de Patinaxe de Curtis están inscritos 47 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, aínda que a maioría non chega aos 7 anos. Na gala participarán 45 deles.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.