Numeracion Curtis logos

Charlas e cursos para obter o carné para manipular productos fitosanitarios de uso profesional

carnefitosanitario 2016

O Concello de Curtis organizará, en coordinación coa Consellería de Medio Rural, charlas e cursos para a obtención do carné que se esixe desde finais do ano pasado para adquirir e aplicar produtos fitosanitarios de uso profesional.

Os calendarios son os seguintes:

CHARLA INFORMATIVA O 26 DE ABRIL DE 12.00 - 12.30 HORAS

Información: Cambio normativo, persoas que estan obrigadas a obter o curso de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios básico e cualificado.
Lugar: Recinto Ferial s/n. Curtis.

CURSO DE APLICADOR-MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS. NIVEL BÁSICO

Realización: maio 2016

  • Duración: 20 horas.
  • Horario: Tarde.
  • Custo: Taxas oficiais (8,83€)
  • Dirixido a: Profesionais do sector.
  • Prazas limitadas. Imprescindible inscrición previa en: Orientación Laboral 981789003 Ext. 37

CURSO DE RENOVACIÓN. NIVEL CUALIFICADO

  • Realización: Segundo semestre 2016
  • Duración: 5 horas.
  • Custo: Taxas oficiais.
  • Dirixido a: Profesionais do sector.
  • Prazas limitadas. Imprescindible inscrición previa en: Orientación Laboral 981789003 Ext. 37

Máis información:

Web da Consellería de Medio Rural

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.