Numeracion Curtis logos

Aberto o prazo para inscribirse no programa 'Deseñando o teu futuro' para mozos de 14 a 18 anos

desenandofuturo 2015

O Concello de Curtis abriu o prazo de inscrición para os mozos que estean interesados en participar no proxecto 'Deseñando o teu futuro,' co que poderán ter o seu primeiro contacto co mundo laboral en empresas do municipio.

O programa, destinado a xóvenes de 14 a 18 anos de idade e que se iniciou o ano pasado a través de Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo, permitiralles realizar estadías en empresas este verán un mínimo de 4 horas ao día durante un mínimo de 5 días e un máximo de 15 hábiles. Durante ese tempo, os mozos adquirirán coñecementos e habilidades que favorecerán o seu desenvolvemento persoal e facilitarán a toma de decisións na súa traxectoria formativa profesional.

O ano pasado participaron 10 xóvenes, que desenvolveron as súas estadías en empresas de diversos sectores, tales como automoción, reciclaxe, sector eléctrico, industria da madeira e carpintería.

Os interesados poden solicitar información en:

 pdfPrograma.pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.