Numeracion Curtis logos

A Escola Infantil de Curtis recibe para o vindeiro curso o maior número de peticións de praza desde a súa apertura

escolainfantil 2016

  • O Consello Escolar aprobou unha listaxe provisional de 49 alumnos de 0 a 3 anos

O Consello Escolar da Escola Infantil A Galiña Azul de Curtis aprobou para o vindeiro curso a adxudicación de 49 prazas para nenos de 0 a 3 anos de idade, que foron as que se solicitaron no baremo ordinario de marzo. Esta proposta trasladarase á xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que prevé publicar a lista provisional de admitidos o 3 de maio.

Este ano foi o que maior número de solicitudes se recibiu desde que abriu o centro situado en Teixeiro. O ano pasado iniciaron o curso 48 nenos, e incorporáronse despois outro cinco máis.

A Escola Infantil ten capacidade para 61 alumnos, polo que aínda poden entrar máis ao non estar pechado o proceso de matriculación. O ano pasado non houbo ningún neno dos que solicitaron praza que quedase excluído.

Despois da publicación da lista provisional, abrirase o prazo de inscrición e o prazo de matrícula.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.