Numeracion Curtis logos

Luz verde á prórroga do servizo de Transporte Metropolitano da Coruña, que abarata o prezo das viaxes

metropolitano 2016

A comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na área da Coruña reuniuse esta mañá na Delegación de Goberno para dar luz verde á prórroga para 2017 deste servizo, no que está incluído o municipio de Curtis, mentres non se proceda de novo á súa licitación.

Esta reunión, á que acudiu o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, tamén fixou os compromisos de financiamento dos municipios, que achegan un 20% do custo do servizo. No caso do Concello curtiense, a súa achega en 2017 será de 3.681,41 euros.

A integración do municipio no Plan de Transporte Metropolitano, efectiva desde o ano pasado, supuxo un aforro nos billetes de autobús para os veciños que se trasladan á área coruñesa entre un 30% e un 50% en función das bonificacións e do número de viaxes que se realicen.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.