Numeracion Curtis logos

Récord de participación no certame de Narración Curta Concello de Curtis

naracciooncurta 2016

  • O fallo e a entrega de premios será o vindeiro 10 de xuño.

Máis dun centenar de obras presentáronse este ano ao Premio Narración Curta Concello de Curtis, creado hai once anos co fin de promocionar as letras galegas. Nesta XI edición, dedicada ás ‘Supermulleres e Superheroínas’ o número de traballos presentados supuxo un 'récord' de participación.

O fallo do galardón e a entrega de premios terá lugar nunha cerimonia que se celebrará o próximo 10 de xuño.

O premio, de carácter temático, quixo este ano pór o acento nas capacidades das mulleres convidando aos participantes a escribir ben sobre algunha coñecida, da súa contorna ou non, que destaque polo seu traballo, valores, aptitudes ou accións, que sexa exemplo de loita ou superación, ou ben a través dun relato no que o autor cre a que sería a súa propia heroína.

Para poder concursar, os traballos debían estar escritos en galego, ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados en ningún outro certame.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.