Numeracion Curtis logos

O Concello avanza no Plan de Eficiencia Enerxética co cambio de 24 luminarias en Curtis e Teixeiro

 

  • As obras mellorarán a iluminación na Ronda Peregrino e nas rúas Castelao, Mandeo e Faragullas e permitirán un aforro de entre un 25 e un 40% do gasto.


fotoalumbrado1O Concello de Curtis dá un novo paso no Plan Municipal de Eficiencia Enerxética coas obras que se iniciaron esta semana de renovación de 24 puntos de luz en Curtis e Teixeiro co fin de mellorar a iluminación das rúas e aforrar entre un 25 e un 40% o gasto en consumo e na factura eléctrica. Unha cuadrilla de operarios municipais procedeu a executar a canalización e a empresa adxudicataria instalará a nova iluminación pública nunha operación que finalizará este mes.

Nesta actuación se substituirán as lámpadas de vapor de sodio actuais por novos farois e luminarias LED e cambiarase o cableado nas rúas Ronda Peregrino, de Curtis, e nas rúas Castelao, Mandeo e Faragullas, en Teixeiro. O orzamento da adxudicación, financiada por Vicepresidencia da Xunta de Galicia co Fondo de Compensación Ambiental, ascende a 41.758,62 euros.

Sustentabilidade

fotoalumbrado2O Goberno de Curtis traballa no desenvolvemento de estratexias de eficiencia enerxética desde 2004 coa posta en marcha do Plan de Acción para a Sustentabilidade que se incorporou no programa da Axenda XXI, aínda que as obras máis importantes se executaron desde 2007, incorporando medidas de eficiencia e aforro tamén nas obras de acondicionamento da Casa Consistorial e no resto de dependencias municipais.

Nos últimos tempos investiuse, ademais, de maneira anual, no cambio progresivo dos puntos de luz do alumeado público exterior co fin de renovalos na súa totalidade e reforzar as zonas máis deficitarias en iluminación e que esta sexa máis homoxénea, así como para conseguir un importante aforro para as arcas municipais nas facturas de consumo e mantemento eléctrico.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.