Numeracion Curtis logos

O Concello impulsa a promoción dos seus mercados este mes ao coincidir os dous días da Feira de Curtis en domingo

 

  • Lanza un vídeo sobre a feira curtiense para pór en valor a súa fortaleza como mercado referente para a comarca desde hai un século.

video curtis 2016

O Goberno curtiense impulsará este mes a promoción do mercado de Teixeiro e a Feira Comarcal de Curtis, en especial desta última ao coincidir os dous días da súa celebración, o 9 e 23, en domingo. O obxectivo é aproveitar as xornadas non laborais para atraer a máis compradores e visitantes dando a coñecer os produtos e servizos deste mercado, pero tamén para animar a vida hostaleira do municipio.

Con este fin, o Concello elaborou un vídeo da feira de Curtis, no que pon en valor a calidade e a excelencia dos produtos e a gran profesionalidade dos placeiros. Ademais, lembra que o mercado, que acolle 130 postos e que conta cunha lista de 70 solicitudes, é un referente desde fai máis de cen anos da vida comercial da comarca, tanto na venda de produtos locais, de alimentación, elaborados, xardinaría, artesanía, roupa e complementos como nas súas feiras de gando e cabalos.

Na evolución desta feira, de 25.000 metros cadrados de recinto, tivo moito que ver o acondicionamento das instalacións nos últimos anos de forma que agora dispón de catro naves cubertas e adaptadas de 6.000 metros cadrados, nunha das cales, ademais, instalouse a zona de restauración para degustar o polbo e o churrasco, esenciais nas feiras tradicionais galegas.

No vídeo promocional destácase tamén como a actividade da feira é clave para entender o dinamismo económico de Curtis desde hai máis dun século, desde os seus inicios até o día de hoxe ao ser, ademais, o único mercado rural de Galicia que se integra no circuíto internacional Love your local market, 'Quere o teu mercado', iniciativa xurdida en Reino Unido para apoiar o comercio local e os mercados tradicionais.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.